© Pint of Science, 2026. All rights reserved.
Laura
Coordinación
Persoa curiosa por natureza e moi vinculada ao mundo da tecnoloxía e da dixitalización. Ve en Pint of Science unha oportunidade para seguir aprendendo e para demostrar que a colaboración entre persoas e ámbitos diferentes pode converter Padrón nun pequeno referente científico.
Abraham
Coordinación
Ademais de colaborador, Abraham tamén será relator no Pint of Science Padrón.
Participa co obxectivo de achegar o mundo da ciencia ao día a día da veciñanza e demostrar que o coñecemento tamén pode compartirse fóra das aulas e dos laboratorios.
Esperanza
Responsable hostelería
Forma parte do voluntariado padronés e ten unha forte sensibilidade polas iniciativas de carácter social. No Pint of Science achega ese espírito colaborativo que fai posible que os proxectos colectivos saian adiante.
Patricia
Financiación
Xoga cunha idea sinxela e brillante: entre os 568 ml dunha pinta e un bar tamén hai espazo para a ciencia. A súa mensaxe é clara: ás veces o coñecemento está moito máis preto do que pensamos, apenas a unha pinta de distancia.
Erika
Comunicación
A máis nova do grupo e unha das voces que conecta directamente coa xuventude.
Quere demostrar que en Padrón tamén hai ciencia e que pode ser divertida, con propostas como o Pint Kids e actividades pensadas para nenos e nenas.
Anabel
RR.SS.
Encárgase de lembrar que a ciencia tamén debe ser un espazo de igualdade. As actividades incluirán colaboración co CIM de Padrón e accións para visibilizar o papel das pintíficas padronesas.
Iria
estadística
A parte máis sensata do grupo, a que pon orde a todo este pequeno batiburrillo de ideas e fai que todo encaixe con claridade —coma unha desas fórmulas da ciencia que parecen explicar o mundo cun par de símbolos— é Iria. Porque, ás veces, entre tanto entusiasmo e tantas propostas, sempre fai falta al…